Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, asi como a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica modificado número 1 ao proxecto LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente, no concello de Sober (expediente 026/2008 AT).

Mediante a Resolución do Departamento Territorial de Economía e Industria de Lugo do 9 de decembro de 2010 concedeuse a autorización administrativa, aprobouse o proxecto de execución e declarouse a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente (DOG do 11 de xaneiro de 2011).

Posteriormente, o 4 de xuño de 2015 a empresa beneficiaria (Unión Fenosa Distribución, S.A.) presenta o modificado número 1 ao proxecto LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente, para evitar que o trazado da liña de media tensión proxectada ao centro de transformación Cimadevila afecte o solo do núcleo rural de Santa Marta, no concello de Sober.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, asi como de declaración de utilidade pública, en concreto, para o modificado do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Denominación: modificado número 1 ao proxecto LMT, CT e RBT Cimadevila-Bolmente.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Cambio de trazado entre os apoios identificados no proxecto cos números 4 e 7 da liña de media tensión (LMT) aérea de 20 kV de tensión nominal, con condutor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, cunha variación de lonxitude da liña de 46 metros.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, os predios que non están xa afectados pola variante e os predios con cambio de afección pola variante figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo dun mes contado a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto modificado das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de maio de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Afeccións

predio

Polg.

Parc.

Lugar

Cultivo

m2

ml aér.

m2 aér.

20

48

563

A Fonte

Prado

– Iván Manuel Prado Rodríguez

Bolmente, nº 3, 27425 Sober (Lugo)

4.0

31.0

21

48

564

A Fonte

Prado

– Concepción Llano Vázquez

Arxemil, nº 28, 27425 Sober (Lugo)

6.0

48.0

22

48

563

A Fonte

Prado

– Iván Manuel Prado Rodríguez

Bolmente, nº 3, 27425 Sober (Lugo)

8.0

78.0

23

48

565/

576

A Fonte

Prado

– Concepción Llano Vázquez

Arxemil, nº 28, 27425 Sober (Lugo)

8.0

80.0

24

48

578/

576

A Fonte

Prado

– Josefa Fernández Pérez

Bolmente, nº 110, 27425 Sober (Lugo)

10.0

88.0

30A

56

16

Fonte do Agro

Monte alto

– Nicasio Alvarez Rodríguez

Praza Calvo Sotelo, nº 37, 1º, 36700 Tui (Pontevedra)

7.0

102.0

34A

56

22

Piñeires

Monte alto

– Teresa Álvarez Díaz

Pacio, Bolmente, Sober (Lugo)

23.0

35A

56

23

Piñeires

Monte alto

– Amelia Carnero Rodríguez

Repr.: Venacio Pérez Vidal

Santa Marta, 345, 27425 Sober (Lugo)

12.0

177.0

35

56

46

Piñeires

Monte alto

– Josefa Fernández Pérez

Bolmente, nº 110, 27425 Sober (Lugo)

9.0

150.0

36

56

47

Piñeires

Monte alto

– Rosendo Sánchez Carnero e Irmáns

Gundivós, nº 6, 27460 Sober (Lugo)

6 (1/2)

1.0

21.0

321.0

38

56

50

Piñeires

Monte alto

– Dolores Vázquez Pérez

Teixarnela, nº 71, 1º Vigo (Pontevedra)

CT

9.0

15.0

234.0

Relación de propietarios desafectados

Ref. catastral

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Afeccións

predio

Polg.

Par.

Lugar

Cultivo

m2

ml aér.

m2 aér.

26/1

48

581

A Fonte

Prado

– Rosario Martínez Varela

R/ Valencia, nº 14, 5A, 36203 Vigo (Pontevedra)

5.0

53.0

27

48

581/

577

A Fonte

Prado e labradío

– Rosario Martínez Varela

R/ Valencia, nº 14, 5A, 36203 Vigo (Pontevedra)

12.0

118.0

28

48

582

A Fonte

Prado

– Santos Héctor Díaz Freire

R/ Francisco Moure, s/n, 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

13.0

206.0

29

48

583

A Fonte

Prado

– Antonia Vázquez García

Santa Marta, nº 38, 27425 Sober (Lugo)

9.0

96.0

31

56

24/

26

Piñeires

Prado e froiteiras

– Rosario Martínez Varela

R/ Valencia, nº 14, 5A, 36203 Vigo (Pontevedra)

5

2,0

42.0

487.0

37

56

48/

49

Piñeires

Prado e monte alto

– José Pérez Vidal

Santa Marta, 27425 Sober (Lugo)

6 (1/2)

1,0

87.0

976.0