Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26071

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Lugo (Sección Primeira - Civil)

EDICTO (790/2016).

No presente procedemento recurso de apelación 790/2016, seguido por instancia de Manuela María Castro Pena fronte a Abanca Corporación Bancaria, S.A. e Gerardo Varela Barja, este último declarado en situación de rebeldía, ditouse sentenza nº 152/2017, do 4 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución teñen o teor literal seguinte:

Sentenza 152/2017.

José Antonio Varela Agrelo.

María Zulema Gento Castro.

Darío Antonio Reigosa Cubero.

Lugo, 4 de maio de 2017.

Visto en grao de apelación, ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo, os autos de procedemento ordinario 978/2015, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LAC) 790/2016, en que aparece como parte apelante, Manuela María Castro Pena, representada pola procuradora dos tribunais, Susana Fernández Varela-Villamor, asistida polo avogado José Antonio Sánchez del Valle Vázquez e, como parte apelada, Abanca C. Bancaria, S.A., representada polo procurador dos tribunais, Álvaro Martin Buitrago Calvet, asistido polo avogado Pablo Albert Albert, e Gerardo Varela Barja, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade. Foi maxistrado relator José Antonio Varela Agrelo.

Resolución:

A sala acorda:

Acórdase a nulidade parcial de actuacións, que se retrotraen ao momento anterior ao ditado da sentenza, co fin de que a xulgadora a quo resolva o que ao seu criterio entenda sobre a excepción reconvencional de nulidade do contrato.

Non se fai condena en custas.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso ordinario, sen prexuízo de que se poida interpor recurso extraordinario de casación ou por infracción procesual, se concorre algún dos supostos previstos nos artigos 469 e 477 da Lei de axuizamento civil, caso en que o prazo para a interposición do recurso será de vinte días, e deberá interporse o recurso ante este mesmo tribunal.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E ao estar o dito apelado, Gerardo Varela Barja, en paradoiro descoñecido, e téndose declarado a súa rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto notifícaselle a Gerardo Varela Barja o contido da anterior resolución, dado o seu ignorado paradoiro.

Lugo, 8 de maio de 2017

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza