Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (22/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mirian del Carmen Huerta Lado contra a empresa Inkjet 10, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Inkjet 10, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 1.548,63 euros e de 340,74 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 188,93 euros de xuros e custas da execución sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Inkjet 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza