Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 de Málaga

EDICTO de citación (243/2017).

Juan Carlos Ruiz Zamora, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 de Málaga, fai saber que en virtude de provisión ditado nesta data nos autos número 243/2017, se acordou citar como parte demandada por teren ignorado paradoiro para que comparezan o próximo día 8 de xuño de 2017, ás 12.00 horas, para asistir aos actos de conciliación e xuízo, se for o caso, que terán lugar neste xulgado do social, sito na r/ Fiscal Luis Portero García, (Ciudad de la Justicia de Málaga) andar 3º, aos cales debe comparecer persoalmente ou por persoa legalmente apoderada e cos medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Igualmente, cítase para que no mesmo día e hora, a referida parte realice proba de confesión xudicial.

Ponse en coñecemento da devandita parte que ten ao seu dispor na secretaría deste xulgado do social copia da demanda presentada.

E para que sirva de citación a UTE Celeiro-Cervo, expídese este edicto de citación para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Málaga, 12 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza