Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25635

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (126/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 126/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Mouriño Fresco contra Rayosil Electricidad, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co nº 126/2015, sendo parte neste, como demandante, Ramón Mouriño Fresco, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo, e, como demandado o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), asistido polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, e Rayosil Electricidad, S.L., que non comparece, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Fallo admítese a demanda interposta por Ramón Mouriño Fresco fronte ao Fogasa e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.088,97 euros máis xuros legais desde a data de notificación desta sentenza ata o completo pagamento, debendo a codemandada estar e pasar por tal declaración para os efectos procedentes.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rayosil Electricidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza