Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de alleamento da participación municipal na parcela denominada Quinteiro 2 do proxecto de compensación do SUP-1 Romero Donallo.

Obxecto do contrato: alleamento da participación municipal do 59,948 % na parcela denominada Quinteiro 2 do proxecto de compensación do SUP-1 Romero Donallo.

Referencia do expediente: CON/12/2017.

Tipo de licitación: o prezo de venda da parcela, sen IVE, ascende a 3.112.576,01 euros.

Adxudicación: procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (r/ Presidente Salvador Allende, nº 4, CP 15705 Santiago de Compostela), entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de corenta e cinco (45) días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Documentación e información: perfil municipal do contratante: www.santiagodecompostela.org.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 12.II) do prego de cláusulas administrativas.

a) Redución do prazo de pagamento correspondente ao segundo ou terceiro prazo (ata 5 puntos): valorarase a razón de dous puntos por cada mes de redución do prazo, sen que se poida reducir máis o pagamento do terceiro prazo que o do primeiro.

b) Criterios ambientais: avaliaranse ata 5 puntos as propostas que se comprometan a utilizar a tecnoloxía relativa ás características enerxéticas do edificio: envolvente térmica, instalacións térmicas e de iluminación, condicións normais de funcionamento e ocupación, condicións de confort térmico, luminoso, calidade do aire interior e demais datos utilizados para obter a cualificación de eficiencia enerxética do edificio.

Valorarase a razón de 2 puntos o compromiso de obter o certificado de eficiencia enerxética A regulado no Real decreto 235/2013, de 5 de abril; os outros puntos restantes valoraranse en atención á tecnoloxía utilizada relativa ás características enerxéticas do edificio sinalada.

c) Reagrupación de propiedade: avaliaranse ata 40 puntos as propostas que acrediten que dispoñen do 40,052 % de propiedade no Quinteiro 2 do SUP-1.

O resto das ofertas valoraranse de forma proporcional.

d) Prezo ofertado: avaliarase con 50 puntos a proposta que ofreza a mellor oferta por riba do prezo valorado no prego; o resto das propostas con ofertas superiores ao prezo valorado no prego valoraranse proporcionalmente mediante a aplicación da seguinte fórmula:

Se algunha oferta supón un incremento superior ao 10 % do prezo que consta no prego puntuaranse todas as ofertas coa seguinte fórmula:

P=50 x (PO-PV) / (PM-PV)

En caso contrario, puntuaranse todas as ofertas coa seguinte fórmula:

P=50 x (PO-PV) / (0,10*PV)

Entendendo que:

PO=prezo ofertado

PM=prezo mellor oferta

PV=prezo valorado no prego

Garantía provisional: 3 % do prezo de licitación.

Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: as datas de apertura dos sobres que conteñen os diferentes criterios de adxudicación para valorar nesta licitación, que terán lugar en acto público no Departamento de Contratación (r/ Presidente Salvador Allende, nº 6-8), anunciaranse previamente no perfil de contratante do órgano de contratación nos termos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde