Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de abril de 2017 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente PON/151/2015-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia de Julio César Cabreira Sanjuán no expediente PON/151/2015-R1, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a resolución do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 27 de setembro de 2016, por obras consistentes en adición de planta nunha vivenda no lugar dos Pazos, barrio das Angustias, no termo municipal de Nigrán.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que ache pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística