Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de abril de 2017 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 17 de decembro de 2015, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición (expediente PON/586/2014-R1).

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 24 de marzo de 2017, ditou resolución pola que se rexeita o recurso de reposición interposto por Juan José Figueiredo Fernández contra a Resolución do 17 de decembro de 2015, da Dirección da dita axencia, en relación coas obras consistentes na construción dun muro de contención de terras e movementos de terras para explanación do camiño, no lugar de Parda, Chapela, Fincas Pedra do Pandeiro, no termo municipal de Redondela, Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Juan José Figueiredo Fernández, mediante a presente cédula e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística