Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 3 de maio de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00037-O-2017 e dez máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00037-O-2017 e dez máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 3 de maio de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00037-O-2017

7833-DVR

Comodín Press, S.L.

B79928404

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

12.11.2016; 19.21.00; A-52; 202

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00057-O-2017

5134-CZJ

Transportes Urgentes Raca 2, S.L.

B84670132

O uso incorrecto do selector de actividades do tacógrafo.

19.11.2016; 07.28.00; N-525; 573,1

Art. 140.26 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00060-O-2017

7600-HDF

Imperio Europeo Import Export, S.L.

B85981041

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

21.10.2016; 01.39.00; A-52; 200

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

OU-00114-O-2017

2062-FVT

Logística y Maderas Tcz, S.L.

B87427811

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 da LOTT.

29.11.2016; 11.00.00; A-52; 132

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-00198-O-2017

OU-5550-U

Granitos Seoane, S.L.

B32252066

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

9.12.2016; 16.39.00; N-525; 210

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00215-O-2017

1715-JNR

Logística Alaricana, S.L.

B32470072

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

23.12.2016; 18.52.00; A-52; 203,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00283-O-2017

3920-JTV

Minokua, S.L.

B45728011

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

9.2.2017; 12.45.00; A-52; 202

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

OU-01243-O-2016

8374-FGJ

Vanqver Transportes, S.L.U.

B36947463

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

23.8.2016; 08.30.00; A-52; 160

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-01381-O-2016

M-2384-LX

Aipra Sistemas, S.L.

B81784233

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

22.9.2016; 19.15.00; A-52; 181

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-01658-O-2016

7600-HDF

Imperio Europeo Import Export, S.L.

B85981041

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a mma total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

21.10.2016; 01.26.00; A-52; 200,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

OU-01660-O-2016

7600-HDF

Imperio Europeo Import Export, S.L.

B85981041

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

21.10.2016; 01.35.00; A-52; 200,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros