Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de abril de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02797-I-2016 e cinco máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores XC-02797-I-2016 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 26 de abril de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02797-I-2016

7734-HLX

Noelia López Garrido

34266850R

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

26.10.2016; 9.58.55; N-550; 44

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

325 €

XC-02876-I-2016

8202BYC

Publirreparto Galicia, S.L.

B70262704

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

27.10.2016; 9.27.03; AP-9F; 25,200

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 €

XC-02900-I-2016

C-1900-AK

Juan José Miguens Miguens

76776977X

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

20.7.2016; 12.20.05; AC-301; 0

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

325 €

XC-03009-O-2016

0726-FXL

López Rivas, Juan Manuel

76576543K

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

26.8.2016; 10.06.00; N-634; 666,0

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

XC-03010-O-2016

0726-FXL

López Rivas, Juan Manuel

76576543K

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

26.8.2016; 10.18.00; N-634 666,0

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

XC-03063-O-2016

3703-GKM

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte regular de escolares carecendo de autorización sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente sancionador.

17.10.2016; 18.20.00; AC-413; 11,0

Artigo 142.1 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 €