Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017 relativa ás garantías autorizadas en relación co contrato de concesión da autovía Costa da Morte (clave AC/10/140.01.75).

De conformidade co previsto no artigo 261.3 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, a seguir publícase a Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 2 de maio de 2017 relativa ás garantías autorizadas en relación co contrato de concesión da autovía Costa da Morte, clave AC/10/140.01.75.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Pola Resolución do 23 novembro de 2010, do secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, acordouse a iniciación do expediente de contratación da concesión de obra pública Autovía da Costa da Morte. Clave AC/10/140.01.75.

Pola Resolución do 23 de decembro de 2010, do secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, aprobouse o expediente de contratación, e acordouse a apertura do procedemento de adxudicación aberto multicriterio harmonizado do contrato de concesión de obra pública para a construción e explotación da actuación autovía da Costa da Morte. Clave AC/10/140.01.75.

Pola Resolución do 29 de decembro de 2010, do secretario xeral desta consellería, anunciouse a licitación do procedemento aberto multicriterio harmonizado, do citado contrato de concesión de obra pública.

Pola Resolución do 10 de maio de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adxudicouse o contrato de referencia ao Consorcio Autovía Costa da Morte.

De conformidade co establecido na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares, a agrupación adxudicataria Consorcio Autovía Costa da Morte constituíu a sociedade anónima Autoestrada Costa da Morte, concesionaria da Xunta de Galicia, S.A. (Aucom) en data 25 de maio de 2011 (escritura outorgada polo notario do Ilustre Colexio de Galicia, Daniel Balboa Fernández co número 874 do seu protocolo).

Mediante o contrato asinado o 10 de xuño de 2011 formalizouse a adxudicación da concesión de obra pública para a construción e explotación da autovía Costa da Morte, clave AC/10/140.01.75, que a Xunta de Galicia realizou a favor da sociedade Autoestrada Costa da Morte, concesionaria da Xunta de Galicia, S.A. (Aucom).

O 19 de marzo de 2015, a Axencia Galega de Infraestruturas emitiu resolución pola que se resolveu parcialmente e se restableceu o equilibrio económico-financeiro do contrato de concesión.

Mediante a adenda asinada o 23 de marzo de 2015 formalizouse a citada resolución parcial do contrato de concesión.

Mediante a Resolución de 29 de abril de 2015, a Axencia Galega de Infraestruturas autorizou o compromiso de constitución de garantía hipotecaria e peñor sen desprazamento dos dereitos de crédito derivados do contrato de concesión de obra pública da autovía Costa da Morte, segundo a solicitude presentada pola sociedade concesionaria Autoestrada Costa da Morte, C.X.G.S.A. (Aucom) o 13 de abril de 2015, en relación co contrato de crédito que asinou coas entidades financiadoras.

O 4 e o 5 de abril de 2017, esta sociedade concesionaria presentou unha solicitude de autorización para a modificación do compromiso de constitución de garantía hipotecaria e da garantía pignoraticia sen desprazamento sobre o contrato de concesión, así como a constitución de garantía pignoraticia sobre os dereitos de crédito para a sociedade concesionaria derivados da resolución contractual, en garantía da débeda que os acredores financeiros garantidos, partícipes no refinanciamento, concedan a Aucom; todo isto en relación directa e exclusiva coa concesión.

As citadas garantías son consideradas pola entidades financiadoras como un elemento esencial e imprescindible para o outorgamento e execución do contrato de refinanciamento da débeda co obxecto de garantir o íntegro e puntual cumprimento das obrigas derivadas deste.

Visto o anteriormente exposto.

Visto o informe favorable emitido ao respecto pola Asesoría Xurídica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda o 28 de abril de 2017.

Tendo en conta que non concorren razóns de interese público que sinalar fronte á solicitude da sociedade concesionaria, resolvo:

Autorizar o compromiso de constitución de garantía hipotecaria, a modificación da garantía pignoraticia sen desprazamento sobre o contrato de concesión e a constitución da garantía pignoraticia sobre os dereitos de crédito derivados da resolución contractual, segundo a solicitude presentada pola sociedade concesionaria Autoestrada Costa da Morte, C.X.G.S.A. (Aucom), en relación cos termos do refinanciamento da súa débeda coas entidades financiadoras e en relación directa e exclusiva co contrato concesional da Autovía Costa da Morte.

Co obxecto de verificar que se axustan aos termos desta autorización, a sociedade concesionaria deberá presentar á Axencia Galega de Infraestruturas os documentos definitivos polos que se instrumentalicen as citadas garantías.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 261.3 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, esta autorización publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Presidencia da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017. Francisco Menéndez Iglesias, director da Axencia Galega de Infraestruturas.