Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de maio de 2017 pola que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria descoñecida (expediente LUG/130/2014-A1).

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 17 de marzo de 2017, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 20 de maio de 2015, na cal se declaran ilegalizables as obras consistentes na instalación de catro construcións de madeira para uso residencial, no lugar da Rañoa, parroquia de Mazoi, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente, e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María do Carmo Guedes Vieira, mediante a presente cédula e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte da súa publicación.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística