Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (811/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 811/2015 deste xulgado do social, seguido a instancia de Fernando Lueiro Barbazán contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza nº 226/2017 de data do 19 de abril de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 811/2015 sendo parte neste, como demandante/s, Fernando Lueiro Barbazán, asistida pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, e, como demandado/s, Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Resolvo estímase a demanda interposta por Fernando Lueiro Barbazán fronte a Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e, en consecuencia, condénase á parte demandada a aboar ao demandante a cantidade de 310.22 euros, incrementados no 10 % de xuros por mora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañia de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza