Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de requirimentos derivados do procedemento BS210A.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, os requirimentos que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, sitas na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, no caso de requirimentos de documentación necesaria e complementaria para a instrución do expediente, de non cumprir co requirido, e de conformidade co establecido no artigo 35.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, terase por interrompido o prazo para resolver e notificar. Transcorridos tres (3) meses sen que a persoa requirida realice as actividades esenciais para continuar a tramitación, a Administración declarará a caducidade do procedemento e acordará o arquivamento das actuacións, o cal lles será notificado ás persoas interesadas.

Vigo, 27 de abril de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A

PO-00000021875

Cendón Tomé, Encarnación

(35128242C)

Requirimento de documentación complementaria e necesaria

28.9.2016

BS210A

VI-0000052941

Rial López, Antonio

(76689492V)

Requirimento de documentación complementaria e necesaria

11.10.2016

BS210A

VI-0000053377

Costas Beltrán, Esther

(36024504H)

Requirimento de documentación complementaria e necesaria

1.9.2016

BS210A

VI-0000055428

Ferreiro Melón, Ernesto

(35931440N)

Requirimento de documentación complementaria e necesaria

9.9.2016