Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro total das axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia (expediente 27/2006/148).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de reintegro total das axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas interesadas dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos consideren pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e documentos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 27/2006/148 de axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia.

Entidade interesada: Ininfer, S.L. (B15381346).

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de reintegro total das axudas.

Último enderezo coñecido: avda. Francisco Herrera, 12, 15171 Oleiros (A Coruña).