Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia previo á proposta de revogación da subvención do Programa para o establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, relativa ao expediente TR341D 2016/898-1.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, requírese á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, compareza persoalmente ou debidamente representada, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido do trámite de audiencia previo á proposta de revogación da subvención, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber que dispón do prazo de dez (10) días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que alegue e/ou achegue os documentos ou xustificantes que considere oportunos.

A Coruña, 9 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2016/898-1.

Asunto: trámite de audiencia previo á proposta de revogación da subvención.

Solicitante: Galán González, Teresa.

DNI: 32643420A.

Concello: Ferrol.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.