Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2005/12-1, nos concellos de Dumbría e Mazaricos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, no río Xallas, no concellos de Dumbría e Mazaricos (expediente IN407A 2005/12-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 8 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2005/12-1.

Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.

Denominación da instalación: aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, no río Xallas.

Concellos: Dumbría e Mazaricos.

Predio

Depósito

Titularidade proposta

Incidencia

3

506/2016

Herdeiros de Antonio Trillo Rodríguez e de Antonia Lago Romero

Enderezo ignorado

35

512/2016

Antonio Cernadas Río

Enderezo ignorado

36

513/2016

Evaristo Cernadas Río

Enderezo ignorado

37

514/2016

Constante Cernadas Río

Enderezo ignorado