De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución recaída no correspondente expediente.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
O interesado dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa ou do prazo dun mes para interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 5 de maio de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: TR341D-2014/000060-1
Acordo de procedencia de reintegro total da subvención.
Solicitante: Carlos Casuriaga.
NIF/NIE: X7947818F.
Concello: A Coruña.
Materia: subvención da promoción de emprego polo concepto de establecemento como traballador autónomo
Data de resolución: 18 de abril de 2017.