Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 24001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade á Sentenza 587/2016, no procedemento ordinario 4577/2011 (expediente Planeamento 2011002613).

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4577/2011, en relación co Decreto 187/2011 da Xunta de Galicia, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, interposto pola Sociedad Anónima de Obras y Servicios, COPASA, ditouse a sentenza 587/2016, do 6 de outubro, pola que se estima o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade á súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola Sociedad Anónima de Obras y Servicios, COPASA, contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos por ser contraria a dereito. Non se fai imposición das custas do recurso.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente Sección desta Sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que deberá de prepararse mediante escrito que se presentará nesta Sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 da dita lei».

Así mesmo, a Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou auto no sentido de inadmitir a trámite o recurso de casación número 116/2016, preparado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Ourense contra a Sentenza 587/2016, do 6 de outubro, pronunciada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 19 de abril de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente