Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 122/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 122/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles García González contra Acega Formación Continua, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Ángeles García González, fronte a Acega Formación Continua, S.L. e Fogasa parte executada, por importe de 17.369,27 euros en concepto de principal (13.897,42 euros + 3.183,59 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET + 288,35 euros de xuros do artigo 1108 CC), máis outros 1.736,92 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Acega Formación Continua, S.L., dar audiencia previa á parte demandante María Ángeles García González e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acega Formación Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza