Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23845

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 22/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 22/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Muñiz Rodríguez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución de Sentenza do 24.11.2016, ditada no procedemento ordinario 250/2016, a favor da parte executante, Alberto Muñiz Rodríguez, fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., parte executada, por importe de 2.993,33 euros en concepto de principal, máis outros 299,33 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Alberto Muñiz Rodríguez e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza