Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 24007

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO do 12 de abril de 2017 polo que se fai pública a convocatoria para a determinación do parente máis próximo -patrón de sangue- do fundador.

Os estatutos da Fundación Manuel Ventura Figueroa, elevados a documento público o 25 de marzo de 2013, estableceron no seu artigo 13 que o primeiro padroado, constituído conforme os presentes estatutos como definitivo, estará composto polos patróns membros do padroado provisional, segundo o disposto na Orde do 2 de maio de 2001, da Consellería de Presidencia e Administración Pública, pola que se modifica a do 2 de novembro de 1995 (DOG núm. 87, do 7 de maio de 2001), e nas demais ordes e resolucións que a desenvolven e aplican, e polo xuíz protector nomeado mediante Decreto 293/2000, do 28 de decembro (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2001).

Así mesmo, continúa o artigo 13 sinalando que o padroado se renovará, conforme o disposto no número 1 do presente artigo, aos catro anos da súa constitución, conforme os presentes estatutos.

Transcorrido o prazo previsto nos estatutos, anúnciase convocatoria pública para a determinación do parente máis próximo de Manuel Ventura Figueroa Barreiro, gobernador do Consello e Cámara de Castela, patriarca das Indias e arcebispo de Laodicea, fillo do matrimonio habido entre Manuel Cabanelas Figueroa e María Benita Barreiro Rodríguez e nado en Santiago de Compostela o día 21 de decembro de 1708, de acordo coas bases da convocatoria cuxo texto pode consultarse na seguinte páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/):

1º. A acreditación do grao de parentesco con Manuel Ventura Figueroa levarase a cabo a través de calquera medio admitido en dereito.

2º. As persoas interesadas, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, remitirán toda a documentación que consideren oportuna para a acreditación do seu grao de parentesco, mediante solicitude, segundo o modelo anexo que figura nas bases da convocatoria, cuxo texto pode consultarse na páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/), dirixida ao secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e vogal do padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa; Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa