Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 24009

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia

ANUNCIO da asemblea xeral constituínte.

A Asociación Profesional Galega de Terapeutas Ocupacionais (APGTO) e a Comisión Xestora provisional do Cotoga, en cumprimento da vixente lei convoca a todos os profesionais en posesión da diplomatura en terapia ocupacional á Asemblea de Constitución do Colexio, que se celebrará o próximo día 3 de xuño de 2017, ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, no Salón do Ámbito Cultural do Corte Inglés, sito na rúa Restollal, 50, de Santiago de Compostela.

Para poder formar parte da Asemblea Constituínte, os interesados deberán acreditarse cos seguintes documentos:

1. As persoas que forman parte do censo profesional de terapeutas ocupacionais en Galicia, elaborado pola APGTO durante o ano 2014: bastará con acudir co documento nacional de identidade (se a documentación enviada estivese aínda en vigor) ou fotocopia compulsada do mesmo (no caso de que caducase neste período).

2. As persoas que non formen parte de tal censo:

– Título de diplomado en terapia ocupacional ou fotocopia compulsada deste.

– Documento nacional de identidade e fotocopia deste.

A Asemblea Constituínte celebrarase coa seguinte orde do día:

1º. Benvida aos/ás asistentes e recollida de documentación.

2º. Lectura da Lei 13/2016, do 26 de xullo, de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.

3º. Aprobación dos estatutos definitivos do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (Cotoga).

4º. Elección dos membros dos órganos de goberno do Colexio.

5º. Propostas, debate e aprobación, se procede, do orzamento de ingresos, gastos e establecemento das cotas de ingreso e periódicas dos/das colexiados/as.

6º. Rogos e preguntas.

A Coruña, 10 de maio de 2017

Thais Pousada García
Presidenta da Comisión Xestora do Colexio Oficial
de Terapeutas Ocupacionais de Galicia

Mª do Pilar Blázquez Ballesteros
Secretaria do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia