Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 24006

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO do 12 de abril de 2017 polo que se fai pública a convocatoria para a determinación e clasificación de parentes do fundador.

A Fundación Manuel Ventura Figueroa foi instituída no ano 1784 polos albaceas testamentarios de Manuel Ventura Figueroa, patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castela.

Na reunión do padroado da Fundación que tivo lugar o día 29 de decembro de 2016 acordouse que se publicaría a base de datos de parentes do fundador na páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/), para que as persoas incluídas que detecten algún tipo de erro no entroncamento poidan dirixirse á Fundación, a través do seu vogal, o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria solicitar a corrección do erro.

En virtude do devandito acordo anúnciase a convocatoria para a determinación e clasificación de parentes do fundador, cuxo texto pode consultarse na seguinte páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/).

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo daquela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa