Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2017/032-1).

Expediente: IN407A 2017/032-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: desmontaxe de transformador en CT Caranza nº 14.

1. O 22 de febreiro de 2017 o promotor solicitou a autorización administrativa de peche da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Desmantelamento dun transformador existente de 100 kVA, situado no centro de transformación Caranza nº 14 (expediente 27640), así como o cadro de baixa tensión de dúas saídas de ancoraxe mural, os cables ponte de media e baixa tensión e as reixas de protección de cela de obra civil onde se sitúa actualmente o transformador que se retirará e da cela de reserva. O CT subterráneo quedará como centro de seccionamento.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 443,25 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa de peche da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A desmontaxe da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación da presente resolución.

3. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalación, deberá comunicalo a esta xefatura territorial para proceder á acta de peche.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña