Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23836

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Lugo (Sección Primeira - Civil)

EDICTO (688/2016).

No presente procedemento de recurso de apelación 688/2016, seguido por instancia de Banco Popular Español fronte a Manuel Fernández Somoza, este último en situación de ignorado paradoiro, ditouse o auto nº 54/2017, cuxo encabezamento e resolución teñen o teor literal seguinte:

Auto nº 54/2017.

Maxistrados:

José Antonio Varela Agrelo.

María Zulema Gento Castro.

Darío Antonio Reigosa Cubero.

Lugo, 20 de abril de 2017.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo os autos de execución de títulos non xudiciais 64/2016, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 688/2016, en que aparece como parte apelante, Banco Popular Español, representado pola procuradora dos tribunais María Eugenia Iglesias Penelas, asistido polo avogado Antonio Sánchez Magariños e, como parte apelada, Manuel Fernández Somoza, que non comparece nesta instancia, sobre reclamación de cantidade. Foi maxistrado relator Darío Antonio Reigosa Cubero.

Parte dispositiva:

Estímase o recurso de apelación presentado pola procuradora María Eugenia Iglesias Penelas, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A. e revógase a resolución de instancia. Deberase despachar execución con aplicación da cláusula de xuro de demora declarada nula.

Non se efectúa expresa imposición das custas da alzada.

Déase ao depósito o destino previsto, de conformidade co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX, se se constituíu.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por este auto, do cal en unión aos autos orixinais se remitirá certificación ao xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, acordámolo, mandámolo e asinámolo.

E ao estar o dito apelado, Manuel Fernández Somoza, en paradoiro descoñecido, e téndose declarado a súa rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio do presente edicto notifícaselle a Manuel Fernández Somoza o contido da anterior resolución, dado o seu ignorado paradoiro.

Lugo, 25 de abril de 2017

Gonzalo Lobato Andrés
O letrado da Administración de xustiza