Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (82/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 82/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Amorin Fernández contra Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L., Araldi, S.L. e Mutua Universal, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada na Seguridade Social.

– Citar as partes para que comparezan o día 28 de setembro de 2017 ás 10.05 horas na Secretaría deste xulgado para a realización do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza, o día 28 de setembro de 2017 ás 10.10 horas na planta baixa, sala 1, Edificio rúa Berlín, para realizar o acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírteselles ás partes que, en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de xuízo, poderá ter o xuíz o demandante por desistido da demanda, e se se tratase do demandado non impedirá a realización do acto de xuízo, xa que este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS.

Tense por presentada a documentación que se xunta coa demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de que deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba de que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

En canto á documental solicitada paso a dar conta á súa señoría para os efectos oportunos.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Obradoiro de Socioloxía, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza