Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 158/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 158/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Delfín Moldes Pintos contra o Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laboraless, S.L., (Segaprel), Antonio Toca Carus, Manuel Sánchez Meilan, Luis Carlos Fernández Rosende, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Declarar os executados Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Antonio Toca Carus, Luis Carlos Fernández Rosende, Asesoría Técnica Administrativa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Herfran Asesores, S.L., Pérez Fadon Asesores, S.L., Sprol Norte, S.L., en situación de insolvencia parcial por importe de 41.345,18 euros de principal, máis 5.678,17 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional».

E para que sirva para os efectos de publicidade, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza