Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 944/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 944/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Álvarez Pardo contra Restauraciones Carballo, S.L., Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 944/2016.

Demandante: Alejandro Álvarez Pardo.

Letrada: Sra. Dubra Rey.

Demandados: Restauraciones Carballo, S.L.

Letrado:

Fogasa.

A Coruña, 17 de abril de 2017.

Decido:

1. Estimar a demanda formulada por Alejandro Álvarez Pardo contra Restauraciones Carballo, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a lle pagar á primeira a suma de 2.173,20 euros en concepto de salarios e liquidación debidos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauraciones Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza