Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1009/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1009/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Benigna Montserrat López Martínez contra Guiynoyrey GC2.0, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte:

Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña.

Sentenza: 211/2017.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade 1009/2014.

Demandante: Benigna Montserrat López Martínez.

Letrada: Sra. Dubra Rey.

Demandados: Guiynoyrey GC2.0, S.L. e Fogasa.

A Coruña, 17 de abril de 2017.

Resolución:

1. Estimo a demanda formulada por Benigna Montserrat López Martínez fronte a Guiynoyrey GC 2.0, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle á primeira a suma de 1.747,92 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro do artigo 29.3 ET.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Guynoyrey GC2.0, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza