Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (862/2015).

Sancións 862/2015

Sobre: sancións

Demandante: Ana Moure Pena

Demandado: Crisostomo Venture, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de sancións 862/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Moure Pena contra Crisostomo Venture, S.L., sobre sancións, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 862/2015, sendo parte nel, como demandante, Ana Moure Pena, asistida polo letrado Sr. Castro Martínez, e, como demandado, Crisostomo Ventura, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, sobre impugnacion de sanción, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decisión:

Que estimando a demanda formulada por Ana Moure Pena fronte a Crisostomo Venture, S.L., declaro inxustificada a sanción imposta en comunicación do 28 de setembro de 2015, deixando sen efecto esta, con todos os efectos legais inherentes.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Crisostomo Venture, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza