Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 17 de abril de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa do 50 % e, sucesivamente, mortis causa mediante pacto sucesorio de mellora do outro 50 %, da concesión administrativa e da batea Sinde III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Sinde III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 17 de abril de 2017, Luisa Oubiña Dios solicita autorización para transmisión mortis causa polo falecemento do seu marido José Gondar Muñiz o 11 de xullo de 2016, como cotitular do 50 %, da concesión administrativa e da batea Sinde III, ao mesmo tempo que solicita transmisión mortis causa do outro 50 % mediante pacto sucesorio de mellora.

Segundo. A solicitante presentou a documentación requirida para tramitar este tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 239, do 16 de decembro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa do 50 % e, sucesivamente, mortis causa, mediante pacto sucesorio de mellora do outro 50 % a favor de Marina Gondar Oubiña (35456117F), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sinde III.

Situación:

Cuadrícula nº: 118.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14 de outubro de 1964.

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Actuais titulares: José Gondar Muñiz e Luisa Oubiña Dios (35333507X-35333270A) 100 % ganancial.

Nova titular: Marina Gondar Oubiña (35456117F) 100 % privativa.

A nova titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de abril de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña