Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 6 de abril de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto sucesorio de mellora, da concesión administrativa e da batea Ozores XI.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Ozores XI e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 6 de abril de 2017, Manuel Piñeiro Fernández e Carmen Triñanes Oliveira, solicitan autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto sucesorio de mellora, a favor do seu fillo Enrique Manuel Piñeiro Triñanes, da concesión administrativa e da batea Ozores XI.

Segundo. Os solicitantes achegaron a documentación requirida para tramitar este tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 239, do 16 de decembro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG número 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto sucesorio de mellora, a favor de Enrique Manuel Piñeiro Triñanes (52453566L), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ozores XI.

Situación:

Cuadrícula número: 11.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.11.1970.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Piñeiro Fernández e Carmen Triñanes Oliveira (33109560W- 35389203T), 100 % ganancial.

Novo titular: Enrique Manuel Piñeiro Triñanes (52453566L), 100 % privativa.

O novo titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 6 de abril de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña