Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización de dous contratos administrativos de obras cofinanciados pola Unión Europea nun 80 %, a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, modificado polo Decreto 37/2017, do 6 de abril, resolveu formalizar os seguintes contratos administrativos:

I. Contrato de obras: itinerario peonil e ciclista na AC-552. Treito: A Laracha-Paiosaco, p.q. 18+500-20+140. Clave: AC/16/081.06. Expediente: E/058/2016.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: AC/16/081.06 (E/058/2016).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=92220

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: itinerario peonil e ciclista na AC-552. Treito: A Laracha-Paiosaco, p.q. 18+500-20+140.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 28 de decembro de 2016).

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 592.098,75 €.

6. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 592.098,75 €. Importe total: 716.439,49 €. Cofinanciamento da Unión Europea: programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nun 80 %, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 7 de abril de 2017.

c) Adxudicataria: Lancer Proyectos y Obras, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 454.080,53 €. Importe total: 549.437,44 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

II. Contrato de obras: itinerario peonil e ciclista na PO-331. Treito: Atín, p.q. 1+890-2+810. Clave: PO/16/104.06. Expediente: E/060/2016.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: PO/16/104.06 (E/060/2016).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=92641

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: itinerario peonil e ciclista na PO-331. Treito: Atín, p.q. 1+890-2+810.

c) CPV: 45233000-9

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 2 de xaneiro de 2017.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 410.339,58 €.

6. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 410.339,58 €. Importe total: 496.510,89 €. Cofinanciamento da Unión Europea: programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nun 80 %, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 7 de abril de 2017.

c) Adxudicataria: S.A. de Obras y Servicios, Copasa.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 312.500,00 €. Importe total: 378.125,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas