Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias, mediante procedemento aberto baseado nunha pluralidade de criterios, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=161415

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e da páxina web: http://www.axega112.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 29 de maio de 2017 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.17.SE.100.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias, con medios propios da Axega, para cubrir e complementar as necesidades operativas dos servizos de intervención directa na xestión das emerxencias, durante as 24 horas do día os 365 días do ano, por todo o territorio da comunidade autónoma, mobilizado e coordinado desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112).

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 1 ano desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPA: 84.25.19 CPV: 75250000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor. A pluralidade dos criterios de avaliación enumérase e detállase coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 297.520,66 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 180.000,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 18 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do día 29 de maio de 2017.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF del licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeneral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa su oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B, cos elementos da oferta non avaliables de forma automática, e do sobre C, cos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: r/ Roma, 25-27, 3ª planta, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data: a apertura dos sobres B e C terá lugar en acto público. A data e a hora de celebración comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa avaliación realizaranse con anterioridade á apertura e avaliación do contido do sobre C.

No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias