Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de maio de 2017 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-552. Treitos: Coruxo-Roteas (punto quilométrico 3+280 - 4+440), A Estea (punto quilométrico 5+660 - 6+070), Priegue (punto quilómetrico 6+910 - 7+500) (clave PO/16/103.06).

Con data 4 de maio de 2017, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 11 de novembro de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 215 o Anuncio do 17 de outubro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-552. Treitos: Coruxo-Roteas (p.q. 3+280 - 4+440), A Estea (p.q. 5+660 - 6+070), Priegue (p.q. 6+910 - 7+500), de clave PO/16/103.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

O anteproxecto que se tramitou na información pública era unha separata para información pública do proxecto construtivo, e posteriormente redactouse o dito proxecto construtivo con base na referida separata.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións, informes e certificados, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-552. Treitos: Coruxo-Roteas (p.q. 3+280 - 4+440), A Estea (p.q. 5+660 - 6+070), Priegue (p.q. 6+910 - 7+500), de clave PO/16/103.06, mantendo o trazado proposto como definitivo, e tendo en conta os seguintes condicionantes:

1. Atendendo as alegacións presentadas, faranse axustes na sección transversal, para minimizar as afeccións.

2. Corrixiranse os erros detectados nos datos relativos á titularidade e na relación de bens afectados.

3. Todas as recomendacións expostas polos diferentes organismos que emitiron informe teranse en conta nas fases posteriores.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos de Vigo e Nigrán deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas