Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 26 de abril de 2017 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na resolución do procedemento de reintegro do expediente 52/32/2014/490170 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a Isaac Caneiro Domínguez (DNI XXXXX495W) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 23 de febreiro de 2017 se resolveu declarar a procedencia do reintegro da axuda indebidamente percibida nos expedientes 52/32/2014/490170 e 54/32/2014/490170 pola cantidade de 64,52 euros.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 y 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a resolución do expediente referido, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos os dous a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

Os expedientes atópanse, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 52/32/2014/490170 e 54/32/2014/490170.

Interesado: Isaac Caneiro Domínguez.

Acto de notificación: resolución de procedencia do reintegro da axuda percibida indebidamente.

Último enderezo coñecido: Ramil, s/n, 32708 Xunqueira de Espadanedo (Ourense).