Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de electrónica de comunicacións para edificios administrativos da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (55/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha de electrónica de comunicacións para a mellora das redes de área local.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 30.6.2016.

DOUE: 25.6.2016.

BOE: 30.6.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 520.658,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 629.996,18 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6.3.2017.

b) Data de formalización do contrato: 19.4.2017.

c) Contratista: Técnicos Asociados Informática, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 482.719,90 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia