Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22962

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral do cadro da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

Prazas: 1 (unha), policía portuario.

Tipo de contrato: fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

• As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es

• Quen desexe tomar parte nas probas selectivas desta convocatoria cursará a súa solicitude utilizando o modelo que figura como anexo III das bases.

• As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

• Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios:

– Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

– Páxina web: www.portovilagarcia.es.

Vilagarcía de Arousa, 3 de maio de 2017

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa