Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22963

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2017 pola que se anuncia unha poxa pública de armas.

Os días 29, 30, 31 de maio e 1 e 2 do mes de xuño de 2017, das 9.00 ás 13.00 horas, terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sita na avda. Domingo Fontán, nº 6, Poio (Pontevedra), unha poxa pública de 379 escopetas, 1 rifle, 22 carabinas de tiro deportivo, 24 pistolas, 10 revólveres e 1 arma de avancarga polo procedemento de prego pechado.

A apertura dos sobres coas ofertas e a adxudicación das armas farase o día 5 de xuño de 2017, a partir das 9.00 horas no citado acuartelamento.

Poio, 29 de marzo de 2017

Miguel Estévez Lara
Coronel xefe