Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación ás persoas solicitantes interesadas en procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 191/X/17 e tres máis.

En virtude do disposto nos artigos 44, 46 y 68.1 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícase ás persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, poidan comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido do dito requirimento.

Por ser documentación imprescindible para a continuación do procedemento, advírteselles que, de non presentala, suspenderase a tramitación do expediente durante un período de tres meses; transcorrido este período e segundo o disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, producirase a caducidade do procedemento.

A Coruña, 24 de abril de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morón García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expediente

Documentación requirida

Data

Traba Marcote, José Ramón

32322429T

191/X/17

Pasaportes e baixa consular

10.3.2017

Fuentes Gómez, Anuncia

46906572G

144/X/17

Pasaportes e pensión estranxeiro

22.2.2017

Martínez Planes, Pedro

22926253Z

44/I/17

Padrón e estado civil

2.2.2017

Cuervo Loureiro, Carlos

32758631F

628/I/16

Convenio regulador e alugueiros

23.12.2016