Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican requirimentos de emenda de solicitudes efectuados no procedemento BS210A.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ter intentado a notificación persoal dúas veces, emprázanse ás persoas interesadas para seren notificadas dos requirimentos de emenda de solicitudes efectuados no procedemento instado polos interesados, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas poderán comparecer para ter coñecemento íntegro deste acto e presentar a documentación solicitada, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Consellería de Política Social, sitas na praza da Estrela, s/n, 3ª planta (Vigo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, todo isto de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, entendéndose, en caso contrario, que desisten da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 11 de abril de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do requirimento

BS210A

PO-00000055260

Basanta Salgueiro, Antonio

(35149299D)

Requirimento de emenda

25.8.2016

BS210A

PO-0000055443

Sotelo Montes, Manuel

(35339336C)

Requirimento de emenda

6.9.2016

BS210A

VI-0000056101

Castro González, Ramón

(35988815W)

Requirimento de emenda

13.10.2016