Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación ás persoas beneficiarias interesadas en procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 585/X/06 e cinco máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación de requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, poidan comparecer persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido do dito requirimento. Transcorrido este prazo, a notificación entenderase realizada para todos os efectos.

Por ser documentación imprescindible para a continuación do procedemento, advírteselles que, de non presentala, se suspenderá a tramitación do expediente durante un período de tres meses. Transcorrido este período e segundo o disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, producirase a caducidade do procedemento.

A Coruña, 24 de abril de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expte.

Documentación requirida

Data

Bazarra Pérez, María Victoria

79323223H

585/X/06

Pasaportes e baixa consular

7.3.2017

Bernal Garzón, María Ofelia

X3764449Q

800/X/16

Padrón e pasaportes

30.12.2016

Mato Freijeiro, Olivia

32257114M

905/X/01

Pensión Uruguay

1.2.2017

Míguez Míguez, Manuel

32779805K

304/X/04

Renda 2015

23.3.2017

Marcote Marcote, Tomás

79323226K

635/X/05

Pasaportes e baixa consular

7.3.2017

Rodríguez Domínguez, Marcos

32659495R

40/I/17

Copia DNI

1.2.2017