Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22886

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 58/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 58/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Suárez Vila, contra a empresa Rufei Sun y otro, S.C. e Aihua Sun, sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto en data 18 de abril de 2017, cuxa parte dispositiva, é do tenor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Transferir aos números de conta facilitados polo Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, a suma de 197,17 euros, en concepto de custas.

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Óscar Suárez Vila fronte a Rufei Sun y otro, S.C. e Aihua Sun.

– Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

– Arquivar o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíquese ás partes e a Rufei Sun y otro, S.C., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0058 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0058 16”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Rufei Sun y otro, S.C., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza