Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de análise de secuenciación de xenoma de referencia e de transcriptomas (expediente 306/17).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais do Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: alabel@uvigo.es.

• Enderezo da internet del perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga.

• Fecha límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 306/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de análise de secuenciación de genoma de referencia e de transcriptomas.

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

• Campus das Lagoas, Marcosende: Facultade de Bioloxía/Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

e) Prazo de execución: de acordo co número 6 da folla resumo de características, as actividades A e B terán como prazo máximo de entrega de resultados 60 días naturais e as actividades C terán un prazo máximo de entrega de resultados de 35 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non.

g) C.P.V: 73100000-3 (servizos de investigación e desenvolvemento experimental).

h) C.P.A: 74.90 (outros servizos profesionais, científicos e técnicos n.c.o.p.).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (actividades A e B) (criterio automático): 50 puntos.

• Mellora da calidade técnica do servizo (criterio automático): 23 puntos.

• Prezos ofertados actividades C (criterio automático):16 puntos.

• Redución de prazos de entrega (criterio automático): 11 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 160.000 euros.

5. Importe de licitación:

Gasto máximo autorizado sen IVE:

• Actividades A e B: 100.000 €.

• Actividades C: por cada Whole-genome adicinal tipo ilumina Paired-end sequencing, reads of 2x100b (or longer), 100X coverage for libraries of 350 bp:3.600 €. Por cada Whole-genome adicinal tipo ilumina Paired-end sequencing, reads of 2x100b (or longer), 35X coverage for libraries of 350 bp:1.200 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 8.000 €.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o decimoquinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, dous sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, andar baixo. Praza de Erasmo, s/n, campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, campus das Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario. Aproximadamente: 1.250 euros.

Vigo, 2 de maio de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo