Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-02-2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-02-2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de praias do concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Tipo de licitación e valor estimado.

Tipo de licitación: 105.000 euros, máis 10.500 euros de IVE (10 %); total: 115.500 euros.

Valor estimado do contrato: 160.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: Estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 8 días naturais, que contan desde o seguinte ao da derradeira publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.45 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que deberán rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo, Rexistro Xeral, Estrada da Coruña, nº 2, 15165 Bergondo.

9. Solvencia económico-financeira e técnica.

9.1. Solvencia económica. Mínimo: xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior a 300.000 euros, así como achegar o compromiso da súa renovación ou prórroga que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato. Artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001.

9.2. Solvencia técnica. Mínimo: presentación da relación dos principais servizos ou traballos do mesmo tipo a que corresponde o obxecto do contrato realizados nos cinco últimos anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes. O importe anual acumulado no ano de maior execución deberá ser igual ou superior a 37.334 euros. Artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001.

10. Criterios de adxudicación do contrato.

10.1. Oferta económica: ata 10 puntos.

10.2. Medios adscritos ao cumprimento do contrato: ata 10 puntos, con 2 subepígrafes: A. Equipamento: puntuación máxima 5 puntos; B. Persoal: puntuación máxima 5 puntos.

Nos termos contidos na cláusula 16ª do prego e coa ponderación que nesta se sinala, publicados no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Apertura das ofertas.

Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

12. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

13. Gastos do adxudicatario: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 2 de maio de 2017

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa