Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de abril 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizos de asistencia técnica externa de desenvolvemento para o Campus Industrial de Ferrol. Servizo de apoio na execución de actividades de potenciación da relación industrial, posicionamento e proxección exterior do Campus Industrial (2017/4002). Financiamento segundo o Convenio de colaboración da Universidade da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. Rúa Maestranza, nº 9, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

• Número de expediente: 2017/4002.

– Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos de asistencia técnica externa de desenvolvemento para o Campus Industrial de Ferrol. Servizo de apoio na execución de actividades de potenciación da relación industrial, posicionamento e proxección exterior do Campus Industrial.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Campus de Ferrol.

1º. Domicilio: Campus de Esteiro.

2º. Localidade e código postal: Ferrol 15403.

e) Prazo de execución/entrega: total execución desde a formalización do contrato ata o 30.10.2017.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79421200-3 / 71356200-0.

– Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

– Valor estimado do contrato: 80.248,00 euros.

– Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 80.248,00 euros. Importe total: 97.100,00 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas do oitavo día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, rúa Maestranza, nº 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, rúa Maestranza, nº 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e a hora no que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a rateo.

A Coruña, 27 de abril de 2017

O reitor
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña