Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de abril de 2017 de requirimento de acreditación de representación no expediente SIL/114/2012, devolta polo servizo de Correos por resultaren os destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para a acreditación de representación no recurso de reposición presentado por Jesús Manuel Santamaría Somoza, Ramón Santamaría Piñeiro e Mª del Carmen José Somoza Suárez contra a Resolución do 1 de febreiro de 2017, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de referencia, polas obras de ampliación e reforma dunha edificación na praia de Rebordelo, termo municipal de Boiro.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Unha vez comprobada a documentación achegada e constatada a ausencia de sinatura de Ramón Santamaría Piñeiro e Mª del Carmen José Somoza Suárez, e a non acreditación da representación que declara Jesús Manuel Santamaría Somoza dos interesados, requírense para que, de conformidade co disposto no artigo 5.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emenden a falta de sinatura ou acrediten a representación, por calquera medio válido en dereito, nun prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, con indicación de que, se transcorrido o dito prazo, non o tiveren feito, serán tidos por desistidos do seu recurso, coas consecuencias que se deriven (artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Para que conste e sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística