Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dunha aplicación para a xestión das infraestruturas de cablaxe da rede corporativa da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 65/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e posta en produción dun sistema integrado de xestión das infraestruturas de telecomunicacións sobre as que se constrúen os servizos ofrecidos pola rede corporativa da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 8.8.2016.

DOUE: 6.8.2016.

BOE: 6.8.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 247.930,30 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 247.930,30 € (IVE excluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 21.4.2017.

c) Contratista: Imatia Innovation, S.L.

d) Importe de adxudicación: 193.385,63 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia