Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22625

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 40/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 40/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael García-Bodaño Pereira contra Porto Ronco, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

Declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que unía a Rafael García-Bodaño Pereira coa executada Porto Ronco, S.L., e condeno a executada a lle aboar a Rafael García-Bodaño Pereira a cantidade de 2.434,97 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 12.572,95 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución. Igualmente, condeno, así mesmo, a executada a aboar ao demandante a cantidade de 1.570,02 euros como cantidade debida en concepto de salarios debidos e a parte proporcional das vacacións non desfrutadas, máis os xuros.

Disto resulta un total de 16.577,94 euros en concepto de principal, máis 1.657,79 euros que provisionalmente se orzan en concepto de xuros, gastos e custas.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Porto Ronco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza